A compañía

Fran Sieira, compañía de danza

Fran Sieira, compañía de danza xurde pola inquietude de seu director por dar un paso máis na súa carreira artística despois de 14 anos coma mestre de baile e música tradicional galega en diferentes agrupacións folclóricas de toda Galicia; de percorrer aldeas en busca de novos pasos e melodías a través de informantes de avanzada idade para completar a súa madurez como bailador; bailando en compañías nacionais como GS21, Quique Peón Cía e Nova Galega de Danza e dirixindo agrupacións cun recoñecido prestixio, levando a cabo a través delas espectáculos de baile e música tradicional, enchendo teatros do nome do Teatro A Fundación de Vigo ou o mesmo Auditorio Mar de Vigo.

A compañía baséa o seu traballo no baile e música tradicional, utilizando o folclore galego como ferramenta de expresión, pero innovando na representación dos bailes propios como a muiñeira ou a xota; estudando o movemento a través da danza galega e falando a través dela.