Adela Otero

Bailadora dende os tres anos, comezou a súa singradura na música e baile tradicional como integrante da Agrupación de Baile Ailola e posteriomente en Fortín da Pomba, ampliando a súa formación con clases de baile avanzado da USC.

Actualmente é bailadora e pandereteira na Agrupación de Música e Baile A Carballeira de Cercio, integrante do grupo de música tradicional Charabiscas e bombeira e bailadora no C.C. A Ponte Vella, sendo tamén integrante nos espectáculos “O Son do Sabugueiro” (2015-2017) e “Galicia, terra de Lenda” (2019), ambos do C.C. A Ponte Vella.

Así mesmo, formouse en danza contemporánea e danzas urbanas na Escola de danza Máisquedanza, acadando varios premios e ampliando a súa formación con MasterClass de bailaríns profesionais como Melisa Sousa ou Agus Sangiovanni, entre outros.

Actualmente, está finalizando os estudos no Grao no Grao de Comunicación Audiovisual (USC), eido no que levou a cabo diversos proxectos nos últimos anos.