Aida Tarrío

Aida Tarrío bailadora e voz
Dentro da súa formación actualmente cursa terceiro ano de carreira do Grao Profesional de Historia da Arte na USC, e cursa clases de canto e música na escola 5ª Sinfonía coa profesora María José Couceiro Blanco. Tamén cabe destacar na súa formación a Master class de canto lírico impartida pola soprano Carmen Durán e un curso intensivo de percusión e canto tradicional impartido polo artista galego Xabier Díaz.

Actualmente é profesora de pandeireta e baile tradicional no Grupo de baile e música tradicional Tahúme e profesora de pandeireta na Asociación Amas de Casa de Riveira.

É compoñente do grupo de Música Tradicional/Folk Tanxugueiras, grupo cunha andaina dun ano e medio que foi participe de festivais nacionais e internacionais como Celtic Connections (Escocia, Glasgow), Feltival do Mundo Celta de Ortigueira (Galicia) ou o Festival Feito a Man (Galicia) entre outros. Colaboracións con artístas como Uxía Senlle (no concerto coa Real Philarmonía de Galicia), Xabier Díaz ou o grupo escoces Shooglenifty, entre outros.