Daniel Rodríguez

Orixinal de O Porriño, comeza no mundo da danza co Baile Deportivo. Aos seus vinte e un anos, comeza a formarse en Danza Clásiva e Contemporánea en Galicia con Paula Cobián. En Madrid fórmase en Danza 180º grados durante un ano e posteriormente accede ao Conservatorio Superior de Danza María de Ávila, onde cursa actualmente os seus estudos en Coreografía e Interpretación de Danza Contemporánea.

Formou parte como intérprete de pezas de Tangen-Benzal, Javier Guerrero e Sidi Larbi Cherkauoi para o CSDMA. Como creador, participou no festival Abril en Danza e no festival Herdanza coa súa peza “Conxuro”. Foi becado no 2020 pola Alvin Ailey School de Nova York.