Fran Sieira

Fran Sieira
Bailador dende os 8 anos (no 1990) na escola do Grupo de Baile e Música tradicional Tahúme de Riveira, a partires do ano 1997 comeza a súa andaina como bailador titular deste mesmo grupo e xa no ano 2003 consolida a súa formación como bailador dentro do corpo bailadores do Grupo para a recuperación de Bailes, Músicas e Cantares tradicionais da A.C.F O Fiadeiro de Vigo, e ademais neste mesmo ano asume a dirección artística do Grupo de Baile e Música tradicional Tahúme. Do ano 2004 ao 2009 pasa a formar parte do equipo de monitores da escola da A.C.F. O Fiadeiro como mestre de baile tradicional. No 2009 nace a Asociación Cultural Traspés na que asume a súa dirección artística.

Dentro da súa experiencia cabe destacar a de bailador do espetáculo “Isolma” da compañía de baile GS21 no ano 2007. A de bailador do espectáculo “Alén da Croa” da compañía Quique Peón Cía no
no 2012. E a de bailador do espectáculo “Son” desde o ano 2016 na compañía Nova Galega de Danza.

Como director de Tahúme destacan os seguintes recoñecementos:

  • 3º premio de Baile Categoría B, XXVI Concurso de Xacarandaina, Coruña – 2005.
  • 2º premio categoría D no Concurso de Baile tradicional organizado pola Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos, Santiago de Compostela – 2008.
  • 3º premio no Concurso de baile tradicional organizado por Tequexetéldere, A Estrada – 2011.
  • 1º premio no Concurso de baile tradicional organizado por Tequexetéldere, A Estrada – 2012.

Dirixíu os seguintes espectáculos de baile e música tradicional galega:

  • I espectáculo de Baile e Música tradicional “Tahúme, Coma or dantes” – 2005.
  • “Unha historia do Nadal” – 2016.

Como director de baile tradicional da Asociación cultural Traspés dende o ano 2009 cabe destacar os seguintes recoñecementos:

  • 2º Premio nas X Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas do Concello de Vigo – 2009.
  • 3º Premio no X Concurso de Baile tradicional Galego Azaloira, Bandeira-Pontevedra – 2010.
  • 1º Premio no IX Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcía – 2010.
  • 2º Premio no XXXI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina, A Coruña – 2010.
  • Participación no II Festival Beltaine Avilés Intercélticu, Avilés – 2010.
  • 1º Premio nas XI Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas do Concello de Vigo – 2010.
  • 2º Premio e Premio ao mellor grupo de acompañamento no XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira, Bandeira – Silleda – 2011.
  • 1º Premio e Premio ao mellor acompañamento nas XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas do Concello De Vigo – 2011.
  • 3º Premio no XII Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira, Bandeira – Silleda – 2012.
  • 1º Premio, Premio ao mellor acompañamento e Premio ao mellor vestiario nas XIII Xornadas de danza e Música Tradicionais Galegas do Concello de Vigo – 2012.
  • 2º Premio no XIII Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira, Bandeira-Silleda – 2013.
  • Participación no XLIII Festival Interceltique de Lorient – Francia – 2013.

Levou a cabo a creación dos seguintes espectáculos:

  • “De Serán en Romaría” 2011 – 2012.
  • “De Raíz” 2013 – 2014.
  • “Traspés de Varanda” 2014 – 2015.
  • “O Carme” 2015.
  • “Pontevedra” 2017.