Luis Perdiguero

Luis Perdiguero escenografía
Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid, traballa profesionalmente en teatro dende 1990; compaxina a docencia coa dirección técnica e deseños de iluminación e escenografía.

Galardoado pola Asociación de Directores de Escena co Premio ADE ao mellor Diseño de Iluminación polo espectáculo “Transición” e finalista nos Premios de Teatro Musical 2016 por “Hércules”.

Membro do Laboratorio de Investigación Teatral Rivas Cherif do Centro Dramático Nacional, responsable da área de Novas Tecnoloxías e Vanguardias Teatrais do Proxecto RETO-RED, director do Centro DIIVAN para o Desenrolo e Investigación Internacional das Vangardas Artísticas e as Novas Tecnoloxías, Director do Máster de Iluminación Escénica do Instituto Europeo de Diseño (IED), profesor titular de Iluminación, Novas Tecnoloxías e Espazo Sonoro da Escola Superior de Arte Dramático de Castilla e León (ESASCYL) e profesor de iluminación do Máster de Escenografía y
Espacios Expositivos do IED.

Estreou “Cervantes Ejemplar” de Laila Ripoll e Mariano Llorente en Almagro,“Iroko” de Carlos Rodriguez e Miguel Angel Rojas en Chicago, “Otelo” con dirección de Nina Regledo e producción do Teatro Calderón en Valladolid e “Son” coproducción do Centro Coreográfico Galego e NGD, con dirección de Alberto Velasco e Coreografías de Carlos Rodríguez e Jaime Pablo Díaz.

Acaba de estrear en España os diseños de iluminación de “Todo irá Bien”, de Jose Manuel Carrasco, a iluminación e espacio escénico de “Hueyas” e “Capricho” para a EPDCYL, a iluminación da última producción de Teatro Meridional ¨Los Esclavos de mis Esclavos¨, o musical ¨Hércules¨ de Ricard Reguant, a iluminación do último premio Nacional de Literatura Dramática “Triangulo Azul”, e en Moscú, para o Moscow Ballet, o deseño de escenografía e iluminación de “Laberinto – Tres Poemas”. Todos os espectáculos actualmente en xiras nacionais e internacionais. Do mesmo xeito que realizou a iluminación de ¨Las Mujeres del Monstruo¨ con dirección de Salva Bolta e ¨Cliff¨ de Alberto Conejero, con dirección de Alberto Velasco. Do 2006 ao 2008 foi Director Técnico do Centro Dramático Nacional baixo a dirección de Gerardo Vera, sendo anteriormente responsable de iluminación do Teatro Mira de Pozuelo e director técnico das compañías Novo Ballet Español, Corella Ballet Castilla e León, Teatro da Danza, Xeografías Teatro, Teatro Meridional, Provisional Danza, Compañía de Carmen Cortes, Micomicón, Respira Teatro, Teatro del Olivar, Compañía de Adrian Daumas.

Entre os seus traballos como iluminador para teatros nacionais en España destacan os realizados no Centro Dramático Nacional (CDN): “Triángulo Azul”, “Transición”, “Munchausen”, “Drácula”, “Las tierras de Alvargonzalez”, “El hombre que quiso ser rey”, “Barcelona Mapa de Sombras” e “Los Niños Perdidos”; na Compañía Nacional de Teatro Clásico (CNTC): “La noche toledana” ,“El egoista”, “Todo es enredos amor” e “Del rey abajo ninguno”; no Teatro da Zarzuela e Liceo de Barcelona: “Lago de los Cisnes”.

En Estados Unidos na Opera de Detroit realizou os deseños de iluminación de “Swan Lake”, en New York estrenou “Solea” e “Pálpito” (New York City Center), en Francia o musical “Adir”, Teatro de la Ville de Paris e en Moscú, Sound Architecture.

Pódese citar como outros traballos destacados as iluminacións para musicais, teatro e danza de: “El Mago de Oz”, “Amor Brujo”, “Malaga”, “Danny Roberta”, “La dama Boba”, “La Asamblea de las Mujeres”, “La Lección”, “Carmina Burana”, “Don Juan Tenorio”, “Yo Satán” e os deseños de iluminación de compañías de teatro como Teatro Meridional (“Cyrano”, “Una comedia Americana”, “Jaques el fatalista”, “la Negra”, “Miguel Hernández”…), Teatro Micomicón (“La dama boba”, “Santa Perpetua”, “Arte Nuevo de hacer comedias de este tiempo”, “Basta que me escuchen las estrella”…) ou compañías de danza como Provisional Danza, Belén Maya, Rojas y Rodríguez, Nuevo Ballet Español ou Corella Ballet Castilla e León.

Máis alá dos deseños de iluminación para teatro e danza realizou os deseños de luz arquitectónica do Festival das Artes Visuales de Cáceres dende o ano 2009, Carmina Burana na cidade de Cuenca, iluminacións para galas nacionais (Premios Unión de actores) ou festivais internacionais (“Life Festival” en Dublín) sendo nominado ao Mellor Deseño de iluminación dos Premios ADE por “Barcelona Mapa de Sombras”. Tamén impartiu cursos e seminarios sobre iluminación no Teatro Real de Madrid e nas Escolas Superiores de Arte Dramático de Valladolid e Vigo.