Que é DeMente?

“…que estaba falta de juicio, loco desde hacía más de veinte años y quince que estaba en cama prendido con una cadena de hierro a un cepo, atados pies y manos.”

Bartolomé Ares de Canabal 1668

Cárceles, camisas de forza, reclusión e aillamento eran as principais ferramentas para tratar aos chamados “dementes” en séculos anteriores. En 1885 apróbase o Real Decreto: “reclusión e observación de dementes”. Coa creación dos departamentos de observación de dementes cun máximo de tres meses en salas de observación que máis ben eran celdas de reclusión e aillamento. Nesta data tamén se inaugura o primeiro manicomio en Galicia, o Manicomio de Conxo. Por esta época os “dementes” eran todos aqueles enfermos mentais: enaxenados, alineados, tolos,…  Conxo pasou dun psiquiátrico de luxo a despois da Guerra Civil a unha prisión psiquiátrica, os pacientes molidos a paus amoreados en condicións miserables ata  a reforma de 1986. Trala reforma créanse as Unidades de Saude Mental en Centros de atención primaria e comézase a externalizar a enfermidade e a pechar os hospitais sendo na actualidade o de Conxo  o único psiquiátrico aberto e en activo en España a excepción dos penitenciarios de Sevilla e Alicante.

Tras un minucioso traballo de investigación sobre as doenzas mentais, indagando sobre  o seu trato ao longo dos anos e a situación na actualidade nace a intención de darlle visibilidade ás doenzas máis marxinais na comunidade actual: as doenzas mentais. Coa intención de visivilizar unha memoria histórica latente nunhas persoas que enriba de padecer o seu trauma concreto para coa enfermidade, sofren outros moitos a causa do estigma, do rechazo da sociedade,… O noso principal e único obxetivo é moral de cara o tratamento desta temática e poñer o noso gran de area na loita contra un estigma “a imaxe do tolo” que pouco ou nada ten que ver coa realidade dunhas persoas que padecen unha enfermidade mental. “Por que a un neno lle dá vergonza decir que vai ao psicólogo e non que vai ao médico por unha gripe?”

                En “DeMente” plasmaremos unha realidade,  un estigma,  unhas patoloxías que según a Organización Mundial da Saude (OMS) sofriron, sofren ou sofriran nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas ao longo da súa vida.      A reclusión prácticamente carcelaria do “demente” noutros tempos pasados. Os acinamentos de estos enfermos. As contencións mecánicas totais e parciais, así como as contencións químicas (medicación, antisicóticos), os suicidios: “o tolo cando entraba no manicomio só lle quedaba esperar a norte”. A explotación do enfermo. “Os almacéns de carne humana”.

Plasmaremos, deste xeito, en escena a evolución das persoas que padecen trastornos mentais, dende os acinamentos ata a externalización dos nosos días.  Por qué as doenzas mentais nos dan certo medo? Por qué coloquialmente utilizamos expresións como “estas pa encerrar”, “estas pa atar”, “estas tolo”? Pensamos que unha solución para o “tolo” ten que ser o encerro, ou sufrir algún tipo de contención mecánica ou química? A necesaria integración na sociedade e normalización como outro tipo de doenza, a loita contra o estigma. Estas e moitas outras cuestión serán tratadas en escena. Como se decía nunha carta dun “demente” ao director do Manicomio de Conxo nos anos 40 “no son los pobres locos reconocidos los que hacen daño al planeta sino los grandes locos por reconocer”.

“Nunca tratei cun paciente con esquizofrénia cunha vida que tal e como a experimentou o paciente non me volvera tolo a min ou a calquera”

Bertram P. Karon

                Exemplizaremos algunhas destas doenzas e o trauma. Plasmaremos o movemento, as miradas, as maneiras de actuar do “demente” con e sen tratamento…

Neste contexto nace “DeMente”, unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto de 60 minutos de duración, cun elenco artístico de 6 bailadorxs en gran formato e 4 bailadorxs en mediano formato. Ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda, todo isto dentro dun marco escénico e vestiario diseñado por Carlos Alonso Alonso, diseño de iluminación de Fidel Vázquez Díaz  e dende unha visión dende a fisicalidade e a estética contemporánea a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalana Carla Diego Luque como directora artística.