
Bailadora dende os tres anos, comezou a súa singradura na música e baile tradicional como integrante da Agrupación de Baile Ailola e posteriomente en Fortín da Pomba, ampliando a súa formación con clases de baile avanzado da USC.
Actualmente é bailadora e pandereteira na Agrupación de Música e Baile A Carballeira de Cercio, integrante do grupo de música tradicional Charabiscas e bombeira e bailadora no C.C. A Ponte Vella, sendo tamén integrante nos espectáculos “O Son do Sabugueiro” (2015-2017) e “Galicia, terra de Lenda” (2019), ambos do C.C. A Ponte Vella.
Así mesmo, formouse en danza contemporánea e danzas urbanas na Escola de danza Máisquedanza, acadando varios premios e ampliando a súa formación con MasterClass de bailaríns profesionais como Melisa Sousa ou Agus Sangiovanni, entre outros.
Actualmente, está finalizando os estudos no Grao de Comunicación Audiovisual (USC), eido no que levou a cabo diversos proxectos nos últimos anos.