
Conta cunha bagaxe relevante no mundo da danza tradicional, non só polo traballo de campo que ten realizado, senón tamén pola súa experiencia nesta modalidade en distintos formatos e niveis.
É director e ex-director de varios grupos de recuperación de música, baile e cantares tradicionais: “A Buxaina” de Coruxo, “Solpor” de Celanova, “Algazara” de Celeiros e “Ecos e Agarimos” de Peitieiros.
Ademais, é percusionista no grupo folk “Xisco Feijoó Trío” e no cuarteto tradicional “Prima de Buxo”, que conta con diversos premios en cursos de música tradicional por todo o país.
Así mesmo, é mestre de iniciación e perfeccionamento de baile tradicional en diversos puntos da xeografía galega e mesmo fóra, como é o caso das aulas que imparte para “De Berlín Son”, completando dita docencia con cursos monográficos de baile a nivel nacional e internacional.