Carla Diego

Dirección Artística

Mestra, coreógrafa e bailarina dentro e fóra de España. Nacida en Barcelona, comeza os seus estudos de danza clásica ós 12 anos. Segue coa súa formación en Jazz, Contemporáneo e Hip Hop e asiste a diferentes workshops con coreógrafos nacionais e internacionais como Ohad Naharin, Hofesh Shechter, Fernando Hernando Magadán, Richard Siegal o Sharon Fridman.

A fisicalidade, a expresividade e o concepto estético son os aspectos principais nos que basea o seu traballo.

En 2017 decide comezar o seu propio proxecto como coreógrafa. Ata o día de hoxe tivo a oportunidade de desenvolver tres pezas curtas en España coas que participou en festivais e certames a nivel nacional: “Nexo(s)” da que é co-coreógrafa xunto a Paula Montoya, “Plangĕre”, seleccionada para a Rede de Cielo Abierto 2018 e “LA VIVA MUERTE”, seleccionada para o 32º CC Madrid e gañadora da beca para o Choreographic Research Program no BMotion Festival 2019.

Tamén creou “AT THE SAME TIME” para o Laboratorio 180º, proxecto de compañía xoven levada a cabo pola escola 180º en Madrid.