Carlos Alonso

Deseño de escenografía e vestiario

Escenógrafo, figurinista e activista teatral de formación autodidacta.

Traballa coas principais compañías e os máis importantes directores do panorama teatral galego, tendo colaborado en máis de 100 espectáculos profesionais tanto en grupos independentes como no Centro Dramatico Galego. Membro fundador do grupo “A Farándula” no ano 1973.

Recibiu 11 veces o premio MARIA CASARES na modalidade de escenografía e vestiario, e máis de 15 nominacións. Ten traballado tamén na industria audiovisual (cine televisión), tendo unha nominación a os premios MAESTRO MATEO a o mellor vestiario.

Durante os anos seguintes traballa en diferentes campos do teatro, organizando cursos, xornadas de teatro, actor, decorador, cartelista, attrezzista, etc.