David Vilarinyo (Vilarinyo Dance Company)

DAVID VILARIÑO director artístico


Comeza a súa formación de danza tradicional e española no ano 2000, titulándose finalmente en danza contemporánea no “Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma” (RCPDM). David Vilariño continúa a súa carrera profesional enriquecéndose de diferentes artistas como Sonia Rodríguez, Rob Tanion, Alberto Velasco, Mey-Ling Bisogno, Carlos Rodríguez e moitos outros.

Vilariño foi intérprete de produccións tan variadas como:

  • “OSAKA” por Carmelo Segura en Madrid – 2017 co papel de solista.
  • “The Wisdom of the crowd” por Panorama Dance Theatre en Zurich – 2017 co papel de bailarín e aportación coreográfica.
  • “SON” por Carlos Rodríguez e Jaime Pablo Díaz (xunto con Alberto Velasco e Carmelo Segura) en A Coruña – 2016 co papel de bailarín solista da peza.
  • Gañador do 1º Premio en Danza Talent Madrid 2015.

Entre moitos outros traballos, estando algunhas destas produccións aínda en activo.

Como coreógrafo Vilariño atópase nunha etapa de definición coreográfica, aínda que manten algunhas ideas como:
“Explorar o movemento dende a dinámica” ou “Estudar e profundizar na expresión corporal”.

Traballos de David Vilariño:

  • Presentou “JUANI”, performance en Madrid – 2016.
  • Traballou como asistente coreográfico para LINK DANCE COMPANY en Australia – 2017.
  • Docente na WAAPA (Western Australian of Performance Arts), Perth – Australia – 2017.
  • Fundou a súa propia compañía en abril de 2017.