Fidel Vázquez

Deseño de iluminación

Iluminador, técnico de escena, operador de mesa e músico lucense, conta cunha longa experiencia profesional como iluminador con máis de cincuenta obras dende o ano 2002. Entre a variedade de proxectos nos que traballou, pódense atopar obras de teatro, danza, cabaret, cine e música. Cabe destacar que forma parte do Grupo Chévere.

Nominado aos premios Mestre Mateo 2019 a mellor dirección de fotografía por Eroski Paraíso. Nominado aos premios María Casares 2017 a mellor deseño de iluminación por Eroski Paraíso. Premio María Casares a mellor iluminación por Eurozone, 2014. Nominado aos premios María Casares 2012 a mellor deseño de iluminación por Citizen.