Patricia Sánchez

A súa formación no eido das artes comeza no 2006 coa ximnasia deportiva (non federada) e mesmo na ximnasia artística, rítmica e acrobática, completándoo con formación en danzas urbanas, o hip-hop e o breakdance, participando en diferentes exhibicións e flashmobs.

No 2011 comeza a súa formación no baile e música tradicional, na Asociación Cultural Faragulla, sumándose no 2014 á actividade da Asociación Cultural Donaire. A súa formación viuse ampliada coa súa entrada na Escola de Música Tradicional e Folk de Vigo na modalidade de “Canto Popular”, ampliándoa a través de diversos cursos e obradoiros ofrecidos por recoñecidos profesionais do sector.

En 2015 comeza a impartir aulas de baile e pandeireta até a actualidade, comezando con aulas no local coruñés “A Repichoca” e continuando como mestra en varias asociacións culturais (até a actualidade): Asociación de Mulleres “A Carballeira” (Curtis), Escola de música “Castro-Curbín” (Arzúa), Asociación Folclórica “Folliñas” (Oleiros) e Asociación “Amigos da Gaita Galega” (Ribadeo).

Alén disto, colaborou nalgún concerto con Luar na Lubre e con Kepa Junquera, sendo tamén participante do Vai de Baile (TVG, 2017) e finalista do concurso de canto e pandeireta “Leña á Ferreña” (TVG, 2016).