Ceibe

Ceibe afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición e nas súas formas de operar nos diferentes ámbitos cotiás, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade.

Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos, impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes e, desde aí, formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento.

Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos; e así poder abordar o tema dende unha perspectiva feminista e en relación coas cuestións LGTBIQ+.

Ceibe é unha peza coreográfica de 55 minutos de duración cun elenco de 8 bailadoras e bailadores estreada o 2 de marzo do 2024 no Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas do Morrazo. Dirixida polo propio Fran Sieira e acompañado na codirección artística por un experto no seu eido, o bailarín Sergio R. Suárez.

El género y sus rígidos códigos operan sobre las diferentes esferas de interacción del ser humano, creando formas de ser y estar muy estrictas, que atienden a cánones prácticamente imposibles de alcanzar que, sin embargo, se conciben como normales en sociedad. El movimiento no queda exento de esta influencia, y el baile tradicional, por tanto, tampoco. Como bailadores, queremos realizar una investigación a través del cuerpo que nos permita explorar la relación entre el género y nuestra tradición, para localizar cuánto de nuestro movimiento perpetúa ese sesgo de género, e intentar desligarlo de la práctica, de nuestro baile, de nuestra cultura. Dice la pensadora Silvia Federici en su En alabanza al cuerpo danzanteque es vital para el ser humano reapropiarse de su cuerpo, re-evaluar y redescubrir su capacidad para resistir, así como expandir y celebrar sus potencias individuales y colectivas. ¿Cómo podríamos celebrar esas potencias si no es a través de la celebración de lo que es el cuerpo en sí mismo? Así, despojado de ridículas y estrictas normativas que no hacen sino limitar nuestro cuerpo y nuestro movimiento, queremos redescubrir nuestra tradición, aproximarnos a ella y hacerla nuestra desde otro lugar mucho más amable con el cuerpo.”

Sergio R. Suárez

O deseño do espazo escénico é de Laura R. Iturralde e a iluminación de Fidel Vázquez. A Música de MounQup (Camille Hedouin), vestiario de Érica Oubiña e o espazo sonoro corre a cargo de Isaac Millán.

A produción de Ceibe levouse a cabo a través da adxudicación das Axudas á Creación escénica 2023 da Xunta de Galicia e tamén a colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Ribeira, Concello de Ames, Concello de Cangas, Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Bodegas Paco e Lola e Codisoil S.A.

Ceibe  esta dentro do catálogo de danza 2024-2025 de PLATEA, o  Programa Estatal de Circulación de Espectáculos de Artes Escénicas en Espazos das Entidades Locais, organizado polo INAEM en colaboración coa FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias).