Conmemorando o Día Internacional da Danza BenQuerer será máis accesible grazas á posibilidade de reservar butacas preferentes (prazas limitadas) e as seguintes medidas:
– Mochilas vibratorias.
– Intérprete de LSE no faladoiro posfunción.
– Paseo táctil (con intérprete LSE).
– Folleto en braille e folleto coas letras das cancións.
As datas e lugares son:
– 24 de abril no Pazo da Cultura de Narón,
– 25 de abril no Auditorio Municipal de Vigo,
– 26 de abril no Pazo da Cultura de Carballo,
– 2 de maio no Auditorio Municipal de Ribeira.
Para reservar a túa entrada e butaca preferente escribe ao Servizo de Accesibilidade de MADA produción:
– accesible@madapro.gal
– Whatsapp 622.122.898
Coa Colaboración do Padroado da Cultura de Narón e as Concellarías de Cultura dos Concellos de Vigo, Carballo e Ribeira.

