BenQuerer en Lugo!!!

1ª parada da Xira BenQuerer:

Será o 27 de febreiro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.

Entradas xa á venda en www.entradaslugo.es

Dentro da programación cultural do Concello de Lugo, a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia.

Contaremos coas seguintes medidas de accesibilidade:

      •  paseo táctil antes da función (fai a túa reserva enviando un correo a fran@fransieira.com antes do 24 de febreiro).
      • Folleto de man en braille.
      • Folleto de man coas letras das cancións.

Ademais BenQuerer non finaliza despois dos saúdos, ao remate da obra teremos un momento para todas nós. Farémosvos partícipes dunha pequena posfunción na que nos achegaremos ao traballo das artistas e abriremos un espazo de diálogo para compartir reflexións arredor do autocoidado.

Benvidas a BenQuerer!!!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *