IV Gala da Cultura da Deputación da Coruña

O Teatro Colón acollerá, o próximo 10 de abril ás 19h, a celebración da IV Gala da Cultura da Deputación. Unha cita na que se entregarán os premios convocados pola área de cultura da Deputación no 2024: o Torrente Ballester de Narrativa; o Castelao de Banda Deseñada; o Raíña Lupa de Literatura infantil e xuvenil; o González Garcés de Poesía; o Antonio Fraguas de Artesanía; o Fran Pérez ‘Narf’ de música; o Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero; o Jesús Núñez de Arte Gráfica e o Luís Ksado de fotografía. A entrada é libre ata completar aforo.

A reinterpretación da tradición ou o “novo tradi” será o fío condutor dunha gala presentada pola xornalista Susana Pedreira, que contará coas actuacións de Alana e Fran Sieira e que terá tamén interpretación en lingua de signos. Ademais, o encaixe de Camariñas será protagonista, como “símbolo da nosa tradición, artesanía e identidade”, explicou a deputada, en toda a estética.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *