BenQuerer máis accesible ao redor do Día Internacional da Danza!!!

Conmemorando o Día Internacional da Danza BenQuerer será máis accesible grazas á posibilidade de reservar butacas preferentes (prazas limitadas) e as seguintes medidas:

– Mochilas vibratorias.

– Intérprete de LSE no faladoiro posfunción.

– Paseo táctil (con intérprete LSE).

– Folleto en braille e folleto coas letras das cancións.

As datas e lugares son:

– 24 de abril no Pazo da Cultura de Narón,

– 25 de abril no Auditorio Municipal de Vigo,

– 26 de abril no Pazo da Cultura de  Carballo,

– 2 de maio no Auditorio Municipal de  Ribeira.

Para reservar a túa entrada e butaca preferente escribe ao Servizo de Accesibilidade de MADA produción:

– accesible@madapro.gal

– Whatsapp 622.122.898 

Coa Colaboración do Padroado da Cultura de Narón e as Concellarías de Cultura dos Concellos de Vigo, Carballo e Ribeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *