Martín Mondragón

Bailador dende os 7 anos, é membro do Grupo Oficial de baile do C.C. A Ponte Vella, tendo participado nos espectáculos “O Son do Sabugueiro” (2015-2017) e “Galicia, terra de Lenda” (2019), da mesma agrupación.

Formouse en piano na escola de música Allegro. T, e en teatro e interpretación coa actriz Clara Gayo e na Escola de Teatro da USC. É tocador no Grupo de pandeireteiros de A.F. Cantigas e Agarimos e toma clases de voz co vocal coach Pablo Ferradás. Tamén imparte aulas de canto e pandeireta nos centros socioculturais de A Rocha e Sar, na cidade compostelá.  

Na actualidade, completa a súa formación cursando terceiro do Grao de Comunicación Audiovisual pola USC, eido no que ten sido premiado en diversos certames internacionais coa súa curtametraxe Esta son eu.