En “DeMente” falamos dunhas patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) sufriron, sofren ou sufrirán unha de cada catro persoas ao longo da súa vida, a saúde mental. Dende a reclusión prácticamente carcelaria noutros tempos pasados, as contencións físicas e químicas, os suicidios, a explotación da enferma, “os almacéns de carne humana” ata a externalización dos nosos días.
A necesaria integración na sociedade e a normalización como outro tipo de doenza, xunto coa loita contra o estigma, son as principais cuestións que plasmaremos en escena.
“DeMente” quere ser un alento de esperanza, unha mensaxe de positividade ao enfermo e ás súas familias.