Coreografías dun DeMente

Extracto de 28 minutos de duración do espectáculo “DeMente” en diurno, sen iluminación e escenografía, onde plasmamos a esencia das coreografías grupais máis representativas da obra. 

Fotografía de Carlota Mosquera

Peza coreográfica de baile e música tradicional galega cun elenco artístico de seis bailadoras e bailadores, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva, vestiario de Carlos Alonso e cunha visión dende a parte máis física e a estética contemporánea a través dos ellos da bailarina e coreógrafa Carla Diego como directora artística.

“… en DeMente plasmamos unha realidade,  un estigma,  unhas patoloxías que segundo a OMS sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas, a saúde mental: dende a reclusión prácticamente carceraria das persoas “dementes” en tempos pasados, os amoreamentos de persoas enfermas, as contencións mecánicas e químicas, os suicidios, a explotación da enferma, … ata a externalización dos nosos días…”

Festivais e Circuitos

2022:

  • Seleccionada para formar parte do circuíto Acieloabierto 2022 nos festivas: Dantzaldia, Sismógraf e Abanea.
  • Festival intercéltico de Lorient, Francia.

2023:

  • 55º Festival internacional de Teatro de Manizales, Colombia.
  • Sexta versión Festival de Teatro e Música Comfama San Ignacio de Medellín, Colombia.
  • Seleccionada para o Circuito Danza a Escena 2023.